QUE FACEMOS

O traballo fundamental de ESGa céntrase actualmente en conseguir un modelo de regulación dinámica para as zonas de escalada afectadas polas diversas figuras de protección.


Se intenta que a Administración coñeza e comprenda as dinámicas esenciais da escalada, unha actividade espontánea, auto-xestionada e condicionada por variables bioclimáticas e sociais.  


Ao mesmo tempo, tenta facer efectivos o consenso e a colaboración mutua, como mecanismos para o logro dos obxectivos de conservación da contorna e xestión das actividades de uso público neses espazos.

Unha regulación dinámica permite

Reducir

O agravio comparativo da nosa actividade fronte a outras que tamén se desenvolven no medio natural

Colaborar

Coa Administración para conseguir os fins de  uso público compatible no caso da escalada sustentable, xunto cos obxectivos de  conservación do medio.

Reforzar

A sensibilidade do colectivo escalador coa conservación do medio natural, mellorando a súa práctica neste sentido.

Revisar

E modificar as condicións da regulación en función de posibles cambios de factores relativos aos valores a preservar, ás condicións de xestión ou ás da propia actividade no medio.

Substituír

A xestión administrativa a quen escala e tamén a quen administra, sen que se vexan minguados os obxectivos de protección e control

Protexer

Os valores naturais, atendendo a criterios técnicos e xestores previamente xustificados.

“A mellor maneira de protexer a escalada é coidar o entorno onde a practicamos”

Campañas

16/12/2018

Unha acción sinxela e contundente para deixar as nosas zonas de escalada coma se ninguén pasase por elas... Ler máis

06/12/2016

Campaña sobre a concienciación de practicar comportamentos responsables para axudar a manter zonas de escalada... Ler máis