POR QUE AGORA

A nosa actividade está cada vez máis sometida a regulacións e prohibicións. É importante que todo o colectivo escalador as coñezamos, tanto para ser conscientes de cales son os valores naturais que se protexen dentro do noso terreo de xogo, como para non incurrir nunha ilegalidade.

 

En Galicia, á marxe doutras normativas aplicables e da situación coa propiedade dos terreos onde se atopan as áreas de escalada, existen diversas figuras de protección medioambiental que afectan a varias zonas.

 

Situación administrativa da escalada en Galicia

  • Escalando no Eume

    Zona de escalada Fragas do Eume

    Afectada pola normativa do
    Plan Rede Natura 2000.
    Pendente de regulación.

Se escalas, debes saber… ....

Preto do 50% das zonas de escalada de Galicia están situadas en espazos naturais protexidos.

Espazos protexidos

A escalada podería estar suxeita a unha autorización de carácter individual e nominal, truncando as dinámicas habituais da nosa actividade.

Autorizacion para escalar

Ademais, poden chegar a producirse restricións ou prohibicións de acceso ás zonas afectadas.

Prohibido escalar

Espazos Protexidos de Galicia

Espazos Protexidos de Galicia