Xornadas Estatais de Mantemento de Zonas de Escalada - Baleira

Publicado por ESGalicia o 06/06/2019.

Esta pasada fin de semana celebráronse en Baleira (Lugo) as primeiras Xornadas Estatais de Mantemento de Zonas de Escalada, organizadas pola retomada vogalía de Mantemento de Zonas de Escalada da Federación Galega de Montañismo, xunto co Concello de Baleira.

O sábado tiveron lugar os relatorios, todos eles cun elevadísimo nivel, para os cales se contou con conferenciantes procedentes doutras comunidades. Tratáronse diferentes aspectos para afrontar de xeito íntegro o mantemento das zonas de escalada na actualidade.

En canto á ponencia de ESGa centrouse no que, ao noso entender, é o primeiro: intentar manter o acceso ás zonas de escalada existentes. Así, espuxemos a situación actual da accesibilidade ás nosas zonas, as dificultades que comezan a materializarse e os traballos nos que estamos inmersos para reverter esa tendencia.

Na xornada do domingo, ademais da actividade de iniciación á escalada na nova zona de Baleira, membros de ESGa acompañaron a varios dos relatores a coñecer de primeira man algún dos nosos sectores de escalada afectados por figuras de protección.

Participantes nas Xornadas
Participantes nas Xornadas
Mesa redonda moderada por Alex López
Mesa redonda moderada por Alex López
Miguel Seo duante a ponencia de ESGa
Miguel Seo duante a ponencia de ESGa
Xornada de iniciación na nova zona de Baleira
Xornada de iniciación na nova zona de Baleira
Programa das Xornadas
Programa das Xornadas