Seminario de Aves do Golfo Ártabro, ameazas para a súa conservación

Publicado por ESGalicia o 28/02/2019.

Esta mañá, ESGa participou no seminario de "Aves do Golfo Ártabro, ameazas para a súa conservación", organizado polo CEIDA. Nel puidemos desfrutar dunhas moi interesantes ponencias por parte de expertos en estudos da avifauna mariña na costa norte da Península, así como participar nun enriquecedor debate sobre o estado actual da conservación de de aves mariñas.

A realización deste seminario forma parte do proxecto "Bases participativas para a definición dunha ZEPA no golfo Ártabro", desenvolvido co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa Pleamar.

Seguimos traballando pola práctica sustentable da escalada!

Etiquetas
CEIDA Oleiros
Cartaz do seminario Aves do Golfo Ártabro, ameazas para a súa conservación
Cartaz do seminario Aves do Golfo Ártabro, ameazas para a súa conservación