Reunión de traballo de ESGa en Compostela

Publicado por ESGalicia o 09/11/2019.

Onte celebramos unha das nosas sesións de traballo conxunto, con obxecto de debater a situación actual e os últimos avances, así como expoñer as estratexias e os proxectos para o vindeiro 2020. Aínda que non puidemos estar todos os integrantes da base de ESGa, a reunión resultou igualmente moi proveitosa.
Agradecemos todos os apoios que estamos a recibir, e os que están por vir por parte de aqueles que vos animedes no futuro! Entre todos será máis doado contar con regulacións axeitadas para seguir practicando a escalada nas nosas zonas de escalada.
Gracias tamén a Indoor Club de Escalada por facilitarnos o uso das instalacións de Indoorwall Santiago Compostela para o desenvolvemento da reunión.

Etiquetas
Reunións Santiago de Compostela
Parte do equipo ESGa
Parte do equipo ESGa
O equipo traballando
O equipo traballando