Reunión coa nova Directora Xeral de Patrimonio Natural e Subdirector Xeral

Publicado por ESGalicia o 14/02/2019.

O pasado 29 de xaneiro, membros de Escalada Sostenible Galicia mantivemos unha reunión coa novaDirectora Xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo Piñeiro, e o novo Subdirector Xeral, JuanGómez Apesteguía, con motivo das alegacións presentadas ao proxecto de revisión do PRUX do Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra.

Nas nosas alegacións, solicitamos o cambio da prohibición absoluta daescalada nas zonas de reserva do Parque Natural, por unha fórmula legal que posibilite regular autorizaciónsen base a estudos de afección específicos, seguimentos e valoracións correspondentes a cada sector deescalada.

Tras unha produtiva reunión, a Dirección Xeral quixo coñecer máis polo miúdo as nosas problemáticas.Tamén expresou o seu desexo e compromiso de realizar os estudos necesarios nos próximos anos, para quecaiba a posibilidade de regular a autorización da escalada naquelas zonas onde se determine que écompatible, co conseguinte cambio na redacción do PORN e do PRUX actuais do Parque Natural.

Polo momento, parece que temos garantizada a nosa participación na Xunta Consultiva para a revisión doPRUX.

Aínda que requirirá moito traballo, continuamos esperanzados de que algún día a escalada sexaadecuadamente contemplada neste Parque Natural, e tamén de que a través das oportunas modificacións sepoida volver a practicar a actividade dun xeito sustentable nunha das mellores zonas de escalada de Galicia!!

Etiquetas
Reunións
Reunión coa nova Directora Xeral de Patrimonio Natural e Subdirector Xeral
Reunión coa nova Directora Xeral de Patrimonio Natural e Subdirector Xeral