Reunión coa Directora Xeral de Patrimonio Natural

Publicado por admin o 10/11/2018.

Esta semana, representantes de ESGa nos reunimos coa nova Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, contando co amadriñado da Secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez, e a asistencia técnica de Marta Gómez da consultoría ambiental TRILLIUM CONSULTORES.

Nesta reunión, démoslle a coñecer a problemática xeral da escalada nos espazos naturais protexidos de Galicia, así como as nosas propostas para acadar regulacións axeitadas nestes espazos que satisfagan a
tódalas partes.

Queremos destacar a predisposición amosada pola Directora Xeral para buscar a viabilidade técnica das propostas, que confiamos en que cheguen a bo porto. Así mesmo, queremos agradecer o firme apoio que Marta Miguez lle vén brindando á escalada, e tamén a colaboración de Marta Gómez.

Etiquetas
Reunións
De esq. a der.: Miguel (ESGa) Alfonso (ESGa), Belen do Campo ( Directora Patrimonio), Marta Miguez (Secretaria Xeral Deportes), Miguel (ESGa) e Marta Gomex (Trillium)
De esq. a der.: Miguel (ESGa) Alfonso (ESGa), Belen do Campo ( Directora Patrimonio), Marta Miguez (Secretaria Xeral Deportes), Miguel (ESGa) e Marta Gomex (Trillium)