O noso equipo está formado por persoas voluntarias repartidas por toda a xeografía galega. Poderás atoparnos en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Rúa de Petín, Bueu, Ourense, Negreira, A Coruña, Betanzos, Mugardos, Ferrol…
Un ano mais, coa chegada do período de cría de aves (e tamén por outros motivos de conservación) debemos darlle un descanso temporal a algúns sectores concretos de zonas como Cabo Prior, o Canón do Sil, o Verdugo ou Faro de Budiño.
Recordemos que en xeral, e mais nesta época por este motivo en particular, debemos estar atentos á actividade da vida salvaxe para que en tal caso, e aínda que non haxa cartelería, retirarnos e avisar para activar as medidas oportunas.