Progresando nun modelo de compatibilización

Publicado por ESGalicia o 29/06/2022.

Este pasado venres 24 de xuño, ESGa se desprazou novamente ao Bierzo, concretamente a zona de escalade Pena Abelleira (Sobrado). Unha vez rematado o período de nidificación (novamente exitoso), procedeuse a deshabilitar as seguintes vías debido á presenza da planta Petrocoptis Grandiflora Rothm:

N° 18. Felizmente imperfectos

N° 19. Por las DOC

N° 25. La Tino Alpino

N° 26. Picha Pullo

N° 27. La tía Amparito

Estas cinco vías quedaron sinalizadas con carteliños e bridas vermellas, e retiráronse chapas no seu inicio.

Aínda que estas accións (restriccións e inhabilitación) non adoitan ser pratos de bo gusto para escaladores e equipadores, moitas veces son sacrificios necesarios. Neste caso, e continuando co proceso  do que xa informamos nesta sección, Desequipar para escalar  (09/04/22) e na I Xornada De traballo: Escalada e Petrocoptis (01/06/22) , son ademais motivo de alegría, xa que nos levan a una compatibilización real da escalada, en lugar da súa prohibición absoluta.

Isto debemos agradecerllo ao excepcional talante dos integrantes do Servicio de Conservacion de la Naturaleza de León, aos propietarios dos terreos e ao Concello de Sobrado, así como aos equipadores da zona e ao grupo de escaladores colaboradores do Bierzo.

Non escalar
Non escalar
Preparando o material a pe de via para sinalizar
Preparando o material a pe de via para sinalizar
Axente supervisando as tarefas na vía nº 25  "Tino alpino"
Axente supervisando as tarefas na vía nº 25 "Tino alpino"
Na vía nº 27  "Tía Amparito"
Na vía nº 27 "Tía Amparito"
Na vía nº 26 "Picha Pullo".
Na vía nº 26 "Picha Pullo".