Presentada proposta de participación do Plan de Conservación do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira

Publicado por ESGalicia o 20/06/2018.

ESGa presentou o pasado luns 11 de xuño a súa proposta de participación no documento preliminar do Plan de Conservación do Monumento Natural da Serra de Pena Corneira, iniciado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

A Serra de Pena Corneira, cos seus incontables bloques abertos, vías singulares, e gran potencial para a exploración, supón ante todo:

  • Unha contorna incomparable, fortemente debilitada polos recentes lumes.
  • Un exemplo de sustentabilidade da nosa actividade.
  • Unha oportunidade para demostrar o compromiso do colectivo co seu entorno medio-ambiental, pero tamén co socioeconómico a nivel local.

Dende ESGa seguiremos traballando para alcanzar unha regulación da escalada consensuada e satisfactoria para todas as partes, e onde se teña en conta a realidade da nosa práctica.

Grazas ao conxunto de escaladores e escaladoras que facedes forte a asociación e nos acompañades para poder seguir levando a cabo iniciativas coma esta.

Aprobeitamos tamén para comunicarvos que membros de ESGa estaremos este sábado en Ourense, no Campionato Galego de Escalada en Bloque. Grazas a Asociación de Escaladores Ourensáns como organizador por deixarnos dispoñer dun espazo neste evento. Esperamos vervos alí!

Etiquetas
Pena Corneira PRUX