Nidificación parede de escalada rio Verdugo

Publicado por ESGalicia o 07/03/2021.

Dende o Servicio de Patrimonio Natural de Pontevedra, recibimos aviso de que os axentes forestais visitaron a parede de escalada do Río Verdugo (espazo sen figura de protección medioambiental específica) para comprobar o estado de nidificacións nesta época de cría, e observaron a existencia dun niño activo dunha ave rapaz catalogada en perigo de extinción. Polo que pedimos á comunidade escaladora que evite visitar esta zona durante o período de nidificación, que rematará aproximadamente a principios de xuño.

Proximamente, colocaranse os cartaces correspondentes de escalada non permitida durante o período de nidificación na zona do parking por parte do Servicio de Patrimonio Natural.

Agradecemos a comunicación á Xefatura do Servizo de Pontevedra, e agardamos que esta sinerxia continúe co resto de xefaturas provinciais das que depende a Rede Natura 2000.

Parede de escalada rio Verdugo
Parede de escalada rio Verdugo