Nidificación no Faro de Budiño

Publicado por ESGalicia o 19/03/2019.

Colocáronse estes carteis en dous puntos no Faro Budiño (aparcadoiro e accesos aos sectores Calavera, Dente e Alfange).

É necesario que ata o 1 de xullo (*), se evite tanto a escalada como o tránsito nas inmediacións do sector “A Calavera”.

A primavera coincide co período mais comprometido na reprodución das aves que teñen o seu hábitat reprodutivo no Faro de Budiño.

É de agradecer que o comportamento que aúna o desfrute e a preservación do patrimonio natural, siga caracterizando á comunidade escaladora.

* No caso de que a observación ornitolóxica detecte que a actividade reprodutiva non progresou, se fará un novo comunicado ao respecto.

Grazas por colaborar!

Etiquetas
Regulacións Faro de Budiño
Nidificación no Faro de Budiño
Nidificación no Faro de Budiño