I Xornada De traballo: Escalada e Petrocoptis

Publicado por ESGalicia o 01/06/2022.

Anteriormente, en concreto o día 10 de abril e baixo o título “𝐃𝐄𝐒𝐄𝐐𝐔𝐈𝐏𝐀𝐑 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐄𝐒𝐂𝐀𝐋𝐀𝐑!!”, informamos sobre unha primeira xornada conxunta de aproximación para tratar in situ a situación que se está propiciando en Pena Abelleira.

Agora, continuando co traballo no que ESGa se vén comprometendo de fai tempo, deuse inicio a unha primeira fase na que a comunidade escaladora ten a gran oportunidade de participar e que agora vos describimos someramente.

O pasado venres 27 de abril participamos na I JORNADA DE TRABAJO: ESCALADA Y PETROCOPTIS, organizada polo Servizo Territorial de Medio Ambiente da Delegación Territorial de León na Casa do Parque das Médulas (Carucedo).

Estas xornadas de traballo son o inicio dun proxecto conxunto entre o servizo de medio ambiente, científicos e escaladores, que se desenvolve na zona de escalada de Sobrado “Pena Abelleira”, no que se levará a cabo un traballo de valoración da interación da escalada sobre a nosa coñecida especie rupícola “Petrocoptis grandiflora”.

Todo baixo directrices marcadas pola Sociedade de Ciencias Aranzadi e CSIC, como parte do proxecto PRIOCONEX.

Pola mañá houbo diferentes ponencias con posta en común do proxecto polos seus diferentes participantes, entre os cales estaban representantes do Servizo territorial de Medio Ambiente de León, GRIA de León, Sociedade científica Aranzadi, ESGa, e Federación Galega de Montañismo.

Ponencias e desenvovemento da xornada

Pola mañá:

Recepción y presentación de la iniciativa y los participantes.

Marco legal de la escalada en Castilla y León. - Roberto Núñez Santalla. Técnico de la Sección de Espacios Naturales, Flora y Fauna de León.

“Plantas de roquedo y su conservación”. - Pablo Tejero Ibarra. CSIC-Aranzadi (PRIOCONEX).

“Escalada y conservación /Petrocoptis grandiflora: Un descubrimiento recíproco.” – Miguel Seoane. Asociación Galega de Escalada Sostenible.

“GRIA-León”. Presentación del grupo de trabajos verticales. Posibilidades y primeros trabajos. – Elías Ignacio Díaz Maneiro Agente Medioambiental miembro del GRIA del PN de Picos de Europa.

Pola tarde:

Subiuse a Pena Abelleira para continuar analizando in situ as características da parede, e establecer un plan de traballo, que durará polo menos 2 anos, que consiste en inhabilitar algunhas vías de escalada con presencia de Petrocoptis para que non se escalen, deixar outras, aínda que conten con presencia de Petrocoptis, para que se escale de forma habitual, introducir sementes de Petrocoptis en diferentes zonas da parede e facer o seguimiento continuo da evolución da especie, para poder coñecer mellor o seu comportamento tamén ante a interacción da escalada. Tamén se gravaron algunas secuencias de video para presentación da iniciativa.

Todo esto é servirá como zona piloto, de donde se poderán sacar conclusións á hora de valorar as regulacións en paredes de escalada con presencia de Petrocoptis, buscando compatibilizar, no posible, a actividade da escalada coa protección e conservación de esta planta tan especial.

Trátase dunha situación moi perseguida e traballada no tempo (dende a prohibición da escalada no momento da creación de Parque Natural de Enciña da Lastra no 2002) e que agora xorde como unha oportunidade única que debemos saber aproveitar para que se poidan valorar interaccións e que permita, baixo o rigor científico, poñer negro sobre branco unha apropiada regulación da escalada en toda a zona.

Así pois, queda por diante un traballo que facer e un futuro esperanzador para que neste e noutros sectores da Serra de Enciña da Lastra se poida tomar en consideración a posibilidade de manter a escalada, así como tamén voltar a escalar en xoias que a día de hoxe permanecen prohibidas no veciño Parque Natural ou poderían prohibirse tamén do outro lado da frontera. Conseguilo será posible co interese, involucración e compromiso dos escaladores, en especial dos locais e os seus representantes.

Solo nos queda destacar que esta vez é a administración a que vai por diante do colectivo escalador e agradecer ao Servicio Territorial de Medio Ambiente de León, o esforzo e vontade que está poñendo neste gran proxecto e prestar colectivamente á maior colaboración que nos sexa posible.

Seguiremos informando…

* Recordámosvos o correo de ESGa para calquera aportación que queirades facer: galicia@escaladasostenible.org

Analizando  na Pena Abelleira as características da parede
Analizando na Pena Abelleira as características da parede
Miguel Seoane( ESGa), na sua ponencia " Escalada e conservación /Petrocoptis grandiflora: Un descubrimiento recíproco"
Miguel Seoane( ESGa), na sua ponencia " Escalada e conservación /Petrocoptis grandiflora: Un descubrimiento recíproco"
Participantes da Xornada na Pena Abelleira
Participantes da Xornada na Pena Abelleira