ESGa na VI Xuntanza-Maratón de Escalada Canón do Sil

Publicado por ESGalicia o 14/09/2018.

Escalada Sostenible Galicia estivo o pasado sábado 8 de setembro na VI Xuntanza-Maratón de Escalada Canón do Sil, organizada polo Club Alpino Ourensán, ao cal agradecemos de corazón todas as súas facilidades.

Ademais de pasar un estupendo día de escalada, a representación de ESGa realizou unha labor de difusión das problemáticas que afectan ao noso acceso ás zonas de escalada en Galicia, non só pola administración medioambiental, ante as cales temos que facer algo agora para evitar que se implanten de xeito inapropiado e asfixien inxustificadamente a nosa actividade.

Debemos seguir facendo algo agora para conseguir a seguridade xurídica necesaria no relativo a medioambiente, comunidades de montes, patrimonio arqueolóxico, costas,...
O primeiro paso fundamental para preservar a escalada tal cal a coñecemos (coas súas dinámicas compatibles co dereito de propiedade e a responsabilidade de cada órgano xestor), é que os escaladores sexamos conscientes da existencia deses problemas que son reais e que están presentes dun xeito de momento pouco apreciable, pero que van ir en aumento.

Hai que dar grazas @s nov@s afiliad@s e tamén a cant@s quixeron escoitar, apoiar ou ofrecerse á colaboración puntual con ESGa. Recordade que si estades pensando en afiliarvos ou colaborar, podedes unirvos a través da páxina https://escaladasostenible.org/hazte-socio/

Para máis información tamén podedes poñervos en contacto con nós a través do noso correo galicia@escaladasostenible.org

Etiquetas
Canon do Sil Ourense
Participantes na VI Xuntanza-Maratón de Escalada Canón do Si. Foto:Alfonso Gonzalez
Participantes na VI Xuntanza-Maratón de Escalada Canón do Si. Foto:Alfonso Gonzalez