ESGa en THEWILDfest

Publicado por ESGalicia o 01/07/2019.

Durante esta pasada finde do 28-30 de xuño, estivemos participando no THEWILDfest.
Nel tivemos un stand montado, e tamén participamos nos faladoiros explicando ao público asistente cuestións da escalada e a acción de Escalada Sostenible.
Queremos agradecer a toda a organización ter convidado a ESGa a participar nesta primeira edición do festival da sustentabilidade. Confiamos en que será o primeiro de moitos.
Así mesmo, agradecer de xeito salientable as colaboracións de Xurxo Brea (XBoulder), Pablo Ces (CesMEdia) e Víctor Barro (Fotos con Letra), pola súa colaboración no apartado audiovisual, aportando unha excelente selección de videos de escalada en Galicia que o público puido desfrutar durante todo o evento.

 

Inma explicando por qué existe ESGA
Inma explicando por qué existe ESGA
Seo e Inma no THEWILDfest.
Seo e Inma no THEWILDfest.
Stand ESGa noT festival
Stand ESGa noT festival
Stand ESGa noT festival
Stand ESGa noT festival
ESGa no festival
ESGa no festival