O noso equipo está formado por persoas voluntarias repartidas por toda a xeografía galega. Poderás atoparnos en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Rúa de Petín, Bueu, Ourense, Negreira, A Coruña, Betanzos, Mugardos, Ferrol…
Decenas de situacións dándonos mostras claras da nosa dependencia do medio e mostrándonos que o noso xeito de estar sobre este planeta debe mudar, ou o que lle quitamos nos quitará do medio a nós para seguir o seu curso... A COVID demostrounos que aves e resto de especies rupícolas voltarán ás paredes cando nós non esteamos.
Podemos estar, progresar e desfrutar da vida deste planeta, tamén das paredes nas que escalamos. Trátase de que escaladores e administracións atopemos o modo de regulalo para que sexa posible. Dun lado e doutro debemos esforzarnos en conseguilo.