Budiño, novos falcóns voando!!

Publicado por ESGalicia o 11/06/2022.

Tras dúas semanas de observación preventiva posterior aos primeiros vuelos, un ano mais, podemos congratularnos de que se producise un novo éxito reprodutivo dos falcóns de Faro Budiño.

Nese éxito pouco temos que ver os escaladores, salvo aquelo de que unha temporada mais, a comunidade de escalador@s soubemos organizarnos un mínimo para observar, dar aviso, facer comunicados, difundir, colocar cartaces e sobre todo conternos de escalar nas inmediacións dos niños.

Dous polos voando, son un ano mais, dende ese punto de vista o resultado de facer ben as cousas por parte de tod@s @s que escalamos, donde cabería destacar as accións concretas de Jose J., Salva, Miguel,,… entre outras moitas persoas que aportaron nesta ocasión e que o fan cada ano nesta e noutras localizacións nas nosas zonas de escalada, para que esta siga sendo esa actividade de uso compatible coa preservación dos valores naturais entre os que ten o privilexio de se desenvolver.

Grazas e parebéns a tod@s por seguir facendoo posible!!

Etiquetas
Budiño
Falcóns en Budiño
Falcóns en Budiño